Agardamos que non todo quede nestas páxinas e animes os téus a subir ó Pindo. Nunca o esquecerás.

lunes, 17 de marzo de 2008

Décimo Tramo. A MOA!!!

Podemos definir a Moa como unha extensa chaira pétrea que domina toda a extensa área do Monte Pindo. Nela podemos facer unha valoración do mesmo, intuir novas planificacións de percorridos diferentes, etc.
Abaixo fica a fermosa vila do PINDO con a sua península do OUTEIRO DO MOUCHO, noutrora habitado e convenientemente fortificado a modo de Castro.
Contade para o percorrido de subida unhas duas horas, e unha hora e media de baixada.
E procurade elexir bén o día de subida : nin demasiado calor nin brétema nin choiva.
IMPORTANTE: Axudádenos a conservalo limpo!!!
Ben! Ate eiquí esta brevísima reseña dun paseo dende a Igrexa do Pindo ate a Moa.
Non vos creades que acabamos eiquí. Hai moito que contar nestas coordenadas, pois o MONTE PINDO dá para moito.
Imos seguir a construirvos desde este blog novas perspectivas para que vos namoredes deste idílico monte e dalgún xeito cooperedes cara a sua dignificación.

Noveno Tramo. Chegando á meta


A medida que imos chegando , imos ollando novas paisaxes. Pola sua cara exterior cara o mar, o Monte Pindo ofrécenos a sua faciana máis dura, con os seus gardas en constante vixilancia reconvertidos en formas pétreas.
Pola sua parte interior hai abondosos acougos verdes aptos para montar a tenda e pasar a noite.

Oitavo tramo.- Sucédense as figuras

As figuras con connotación humáns como do estido lo Coloso vánse repetindo. Eiquí temos unha figura que bén podería simbolizar outro ÍDOLO, aunque na sua maneira máis tosca.

Noveno Tramo. Destrozos


A Moa é moi visitada, mais non exenta de estos vandálicos recordos que nos deixan a nosa xente máis xove. En tódolos monumentos , hai sempre personaxes que teñen que deixarnos a sua tarxeta de visita, para sinalizar o mundo da importancia que tivo a sua presenza.
Dende logo, a concenciación váise dar paseniñamente, sempre parello a dignificación e recuperación do Pindo como emblema galaico atlántico de primeiro orde.
Pensamos que estos destrozos é a resultante da falta de respeto que dá o sentirse nuns paraxes abandonados e carentes de toda sensiblidade de recuperación e moito menos de dignificación.

Noveno Tramo. Petroglifos e marcas

Xá chegando a Moa escomenza un verdadeiro festival de marcas e sinais inscritos nas rochas que nos dán paso cara a chaira final.

domingo, 16 de marzo de 2008

Sexto Tramo: a subida polo sendeiro dos piñeirais baixos

Forma un longo pasillo ó longo dos moitos metros de subida, alternando algunha brusquedade con zonas semiachairadas, casi sen obstáculos de reseñar.

Oitavo tramo.- As atalaias da Moa

Nun dos recodos que nos achegan a Moa, descubrimos outra atalaia con suas formas definidas, gandando o paso a Chaira final da Moa, obxetivo final desta viaxe.

FORMAS.- A pedra vixiante


Septimo Tramo: O lugar da cabana


De novo imos visualizar os restos da cabana, na entrada do Chan de Lourenzo. Observaredes que fica abeirada entre uns cons. P0la sua dereita vén o camiño, e na sua esquerda está o muro protector do gando.

Septimo Tramo: Atravesando a chaira...


Atravesando o Chan de Lourenzo polo camiño que nos guiará a Moa,a nosa dereita temos este muro de pedras, que fai de abeiro ó lugar. A nosa esquerda fica o Coloso, e un pouco máis distante, outro forte amoreamento de penas semellante a este. A zona está moi protexida, mais no verán é insoportábel pola cantidade de tabaos e do calor que alberga esta chaira.

sábado, 15 de marzo de 2008

Séptimo Tramo: A Maxestuosidade do Coloso


Fora un símbolo noutrora e aún hoxe infunde respeto e admiración ós que por alí teñen o privilexio de pasar hoxendía. Eiquí ollamos o noso Guerreiro pola sua parte traseira.

Séptimo Tramo: Atentado contra O Coloso


Nunca souperon respetar o que é de todos, dende o mobiliario urbán e moito menos o noso patrimonio . Por respetar nin se respetan a eles mesmos. Asemade parece que gozan da impunidade da soidade do lugar, sinónimo de cobardía.
Hai máis mostras destas pegadas de estos retrasados.

Séptimo Tramo: O Coloso


Vista do "grande home" de perfil

Séptimo Tramo: Chan de Lourenzo (vista xeral)

Eiquí temos unha vista xeral da Chaira de Lourenzo, co seu guerreiro "O Coloso" de pedra no seu fondo.

Séptimo tramo: A Cabana

A dereita da foto fica o camiño de entrada na Chaira de Lourenzo, pasa a rentes desta mítica cabana e sigue adiante, atravesando o val...

Séptimo Tramo: Chan de Lourenzo

Chegamos a chaira máis coñecida do Pindo, a de Lourenzo; con restos de asentamentos modernos e antigos. Este muro dá testemuña da habitabilidade do lugar, feito para gardar o gando e que non se lles espallara.

sexto tramo: O sentimento destes lares!!

Si poideramos definir cunha imaxe o sentimento destes sacros Montes do Pindo , cecáis esta sería a idónea: mixtura pétrea dun espírito atlántico dentro duns castelos de pedra.

Sexto tramo: O segundo castelo

Tórnasenos atalaia dende os antigos vixiaban o devagar dos demáis. O castelo do Pedrullo ficóu atrás e agora preséntasenos este segundo mirador, un máis dos que descubriremos neste mundo pétreo.

sexto tramo: Subindo entre as penas

O camiño estréitase e pasa entre as rochas graníticas. Unhas frechas pintadas nas rochas indícanos a millor forma de subir e o trazado correcto. Como xá presintiredes, as presas hai que deixa-las abaixo. Subide amodiño e mirade por onde pisades, sobretodo cando baixedes. Polo demáis, xá o camiño levarávos sobre seguro sen riscos de perderse.

quinto tramo: Nunca sentiráste soi@!!


Vaias con quen vaias, aunque soi@, sempre estarás acompañad@. Os seres que habitan en cada recuncho destes máxicos montes vánte acompañar no teu traiecto.

quinto tramo: Deserto pétreo

Non todo no Pindo é fotoxénico: hai recodos bastante tristes onde a erosión fixera das súas.
na lonxanía, o Océano, e no segundo plano , outros outeiros deste inacabábel deserto de pedras vivas, con os seus tesouros agachados que non chos ensinarán si non vás expresamente a ve-los.

quinto tramo: Atravesando figuras míticas


Unha tras outra van aparecendo ... tornándonos estas paraxes como máxicos e únicos. Deixade voar a vosa imaxinación... apareceránvos seres míticos!!

quinto tramo: A Cidade Encantada


Imos iniciar a subida. Na parte inferior esquerda apreciaredes o camiño que nos vai levar a través da Cidade Encantada a descubrir todo un mundo de formas.

cuarto tramo: pequeno recodo

Eiqui podemos ollar que a terra do chan váise tornando en pedra, dificultando o acceso, sobretodo na época estival. Cecáis esta pode ser a derradeira parada antes de iniciar a subida a través dos cons.

cuarto tramo: un pequeno acougo!!


Na parte superior desta primeira ascensión atopámonos cunha chairiña que nos fai suavizar un pouco a marcha. Estamos na antesá do Olimpo, os pés do castelo do Pedrullo!!

cuarto tramo: a forte ascensión


De seguido atopámonos cun forte tramo de subida. O tramo do camiño é doado , e a pegada do mesmo é profunda e visible. Escomenzan a aparecer formas nas penas, é o preámbulo do museu pétreo!!

terceiro tramo: O recodo do rego


Chegamos a unha pequena chaira, acarimada por un dos regatos que baixan das cumes. Zona arbolada, pensamos que en vias de recuperación. Bó sitio para acougar e prepararse para o forzado da marcha que escomenzrá moi pronto!!

viernes, 14 de marzo de 2008

Segundo Tramo: Primeiros cons


Todavía é doado de andar o camiño. Os primeiros penedos vánse espallando ó longo deste treito.A arboleda ficóu atrás e xá imos a campo aberto, abeirados únicamente polos altos penedos que van surdindo.

primeio tramo: seguimos subindo á sombra!!

Seguimos polo fermoso tramo que no seu comenzo dálle vistuosidade e forza, pésie a desoladora paisaxe queimada que atoparemos pola sua bisbarra.

Primeiro tramo: O camiño vello


O camiño ábrese despóis de deixar atrás as derradeiras casas do Pindo e convértese no típico camiño vello doutrora.
O camiño vai subindo abeirado por unhas barreiras pétreas que lle infunden maxestuosidade e grandeza, e dos árbores que protexerános do sol perante este curto tramo. Máis arriba deixaremos de camiñar en terra para ir sobre as pedras que dispostas, facilitarán o camiño nalgúns tramos inmediatos a modo de toscos escalóns.

Panel. Escomenzamos a aventura.

Estamos na vella terra da Treba Céltiga dos Supertamáricos, e imos subir ó Pindo , a Moa.
Fuxindo de meter textos e máis textos, limitarémonos a describir tódolos pasos da subida para facilitarvos a mesma e ilusionarvos con o proxecto.
Escomenzamos na fermosísima vila do Pindo. Situádevos na praza que fica detrás da sua Igrexa. Enfrente á mesma ides atopar un carreiro que é o principio do camiño cara a Moa.

domingo, 2 de marzo de 2008

PREÁMBULO

Emblemático e misterioso, xá na lonxanía impime inquetude polas suas formas.
O mítico Monte do Pindo : un baluarte inacsesible que resiste a sociedade moderna, conservando non só as suas míticas lendas, senón que, cunha toponimia riquísima e ancestral, ensina outros mundos que casi os tiñamos esquecidos.