Agardamos que non todo quede nestas páxinas e animes os téus a subir ó Pindo. Nunca o esquecerás.
O PINDO
sábado, 30 de enero de 2010
PRESENTACIÓN
Na Galiza céltiga de sempre houbo eidos edigmáticos por onde a historia pasóuse a descansar. Moitos deles andan descansando de máis, posto que por esquecemento, por perda da memoria colectiva ou por outras razóns -chamémoslles- políticas, fican dormindo o paso dos séculos ate que alguén , investiga que investigarás... fiando o liño... atopará ese nexo esquecido e voltará de novo a descubrir ún dos moitos tesouros que ainda fican por relembrar a nosa amplísima e variada historia céltiga e precéltiga.
Un dos nexos esquecidos é a amplia zona que vai dende Muros o Ézaro... non, non nos esquecemos de Fisterra , porque xá iso é outra historia. Falamos de esa zona mítica da Costa da Morte que tivo lugar histórico e que hoxe só pasa por situarse no turismo galego como unhos eidos máis na singular Costa da Morte.
Alí descubriremos lugares abeirados que foron no seu intre histórico refuxio vikingo como Quilmas, ou necrópolis de moi diversas épocas, sempre vixiladas por recintos fortificados chamados castros -ollo!, que tampouco estou empleando a célebre parola "castrexo"- ou outro tipo de atalaias máis antigas.
Como centro neurálxico e mítico sitúanse os Montes do Pindo, que xá de lonxe marcan a diferencia con o resto da paisaxe, que por outra parte, a servidor parécelle do millor desta terra.
Os Montes do Pindo foron unha resultante de tódalas civilizacións que alí albergaron os abeirosos eidos da fermosa penichaira da que andamos a falar. Alí tiveron lugar lendas asombrosas, ritos ancestrais, e mesmo aventúrome a decir que fora a montaña sagrada desa enorme extensión povoada ben de palafitos , ben de povoados abeirados os altos montes que circundan a enorme praia de Carnota.
Qué atoparedes nos Montes do Pindo?... eso déixovolo a vosa imaxinación , para que a aventura que lle deades volo faga realidade. Atoparedes dende restos de antigos castelos, como a fortaleza do Pedrullo, ate lugares sacros, como dí o topónimo de "lugar onde se adora"... e moitos acougos máis... mais xá basta de leria, entrade neste pobre blog que non quere sér máis que un brevísimo guieiro que vos adentrará nas portas da fantasía.
sábado, 31 de mayo de 2008
O MISTICISMO ANCESTRAL DO MONTE DO PINDO
QUEDA MOITÍSIMO QUE ´FACER, QUE INVESTIGAR.
A PEGADA DO HOME NESTAS ALTAS CUMES DO PINDO FORA NOTORIA E RECUPERADA CARA A POSTERIDADE GRACIAS O ESQUECEMENTO SALVADOR DOS PASOS DOS SÉCULOS.
HOXENDÍA, OS MONTES DO PINDO SON UNHA IMAXE.
MAIS ESA IMAXE IRÁSE CONVERTENDO CO PASO DOS ANOS NUN SÍMBOLO QUE ATRAERÁ A MOITA XENTE, QUE TRADUCIRA A LECTURA PASIONAL IMBORRÁBEL DAS SUAS PENAS, TRANSPORTÁNDO A SUA FORTE BAGAXE CARA ESTOS TEMPOS FUTURISTAS DE MUNDANA COMODIDADE DE PENSAMENTO.
MIÑAS DONAS E MEUS SEÑORES: A HISTORIA ESTÁ SERVIDA!!
BENVIDOS A UN RETO COA NOSA HISTORIA !
BENVIDOS O COMPROMISO CON NÓS MESMOS!
BENVIDOS Ó PINDO!!
MAPA DE SITUACIÓN
ANTE TODO, UBIQUÉMONOS
DE CERTO, SI TEMOS VISITAS DOS NOSOS AMIGOS , E SOBRETODO SI SON DE LONXE, GALESES, BRETÓNS, IRLANDESES... TERIAMOLOS QUE LEVAR COMO PASO OBLIGADO A FACE-LA RUTA DO PINDO.
GALIZA FOI , É E SERÁ TERRA DE MÁXICOS SONOS, BERCE DOS QUE LEVAMOS DENTRO O SENTIMENTO CÉLTIGO DA ARMONÍA COA TERRA.
PENSO QUE ESTA IDEA A TRANSMITIR ÓS NOSOS VISITANTES DEBERÍA ACOMPAÑARSE DUNHA VISITA -NON RELÁMPAGO, OLLO- A ESTES SAGRADOS EIDOS.
A FORTALEZA DO PEDRULLO
A FOTO SAQUÉINA HAI XÁ UN BÓ FATO DE ANOS E NA ACTUALIDADE TODO ESTÁ IGUAL QUE NOUTRORA.
O BÓN QUE TEÑEN ESTAS ALTURAS É QUE A ELA NON SUBEN OS "EMPRESARIOS" A FACER "DAS SUAS". DE SEGURO QUE SI OS MONTES DO PINDO ESTIVERAN MÁIS BAIXOS, XÁ ESTARÍAN CHEOS DE "MODERNAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS"...E POR SUPOSTO, CUNHA PAISAXE DIFERENTE DA ANCESTRAL QUE TODAVÍA PERDURA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)