Agardamos que non todo quede nestas páxinas e animes os téus a subir ó Pindo. Nunca o esquecerás.

sábado, 30 de enero de 2010

PRESENTACIÓN


Na Galiza céltiga de sempre houbo eidos edigmáticos por onde a historia pasóuse a descansar. Moitos deles andan descansando de máis, posto que por esquecemento, por perda da memoria colectiva ou por outras razóns -chamémoslles- políticas, fican dormindo o paso dos séculos ate que alguén , investiga que investigarás... fiando o liño... atopará ese nexo esquecido e voltará de novo a descubrir ún dos moitos tesouros que ainda fican por relembrar a nosa amplísima e variada historia céltiga e precéltiga.

Un dos nexos esquecidos é a amplia zona que vai dende Muros o Ézaro... non, non nos esquecemos de Fisterra , porque xá iso é outra historia. Falamos de esa zona mítica da Costa da Morte que tivo lugar histórico e que hoxe só pasa por situarse no turismo galego como unhos eidos máis na singular Costa da Morte.

Alí descubriremos lugares abeirados que foron no seu intre histórico refuxio vikingo como Quilmas, ou necrópolis de moi diversas épocas, sempre vixiladas por recintos fortificados chamados castros -ollo!, que tampouco estou empleando a célebre parola "castrexo"- ou outro tipo de atalaias máis antigas.

Como centro neurálxico e mítico sitúanse os Montes do Pindo, que xá de lonxe marcan a diferencia con o resto da paisaxe, que por outra parte, a servidor parécelle do millor desta terra.

Os Montes do Pindo foron unha resultante de tódalas civilizacións que alí albergaron os abeirosos eidos da fermosa penichaira da que andamos a falar. Alí tiveron lugar lendas asombrosas, ritos ancestrais, e mesmo aventúrome a decir que fora a montaña sagrada desa enorme extensión povoada ben de palafitos , ben de povoados abeirados os altos montes que circundan a enorme praia de Carnota.

Qué atoparedes nos Montes do Pindo?... eso déixovolo a vosa imaxinación , para que a aventura que lle deades volo faga realidade. Atoparedes dende restos de antigos castelos, como a fortaleza do Pedrullo, ate lugares sacros, como dí o topónimo de "lugar onde se adora"... e moitos acougos máis... mais xá basta de leria, entrade neste pobre blog que non quere sér máis que un brevísimo guieiro que vos adentrará nas portas da fantasía.