Agardamos que non todo quede nestas páxinas e animes os téus a subir ó Pindo. Nunca o esquecerás.

lunes, 17 de marzo de 2008

Décimo Tramo. A MOA!!!

Podemos definir a Moa como unha extensa chaira pétrea que domina toda a extensa área do Monte Pindo. Nela podemos facer unha valoración do mesmo, intuir novas planificacións de percorridos diferentes, etc.
Abaixo fica a fermosa vila do PINDO con a sua península do OUTEIRO DO MOUCHO, noutrora habitado e convenientemente fortificado a modo de Castro.
Contade para o percorrido de subida unhas duas horas, e unha hora e media de baixada.
E procurade elexir bén o día de subida : nin demasiado calor nin brétema nin choiva.
IMPORTANTE: Axudádenos a conservalo limpo!!!
Ben! Ate eiquí esta brevísima reseña dun paseo dende a Igrexa do Pindo ate a Moa.
Non vos creades que acabamos eiquí. Hai moito que contar nestas coordenadas, pois o MONTE PINDO dá para moito.
Imos seguir a construirvos desde este blog novas perspectivas para que vos namoredes deste idílico monte e dalgún xeito cooperedes cara a sua dignificación.

No hay comentarios: